Vento e chuvia

Vento e chuvia

Galego | 184 páxinas | 2015

(0 valoracións)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Ler Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para IOS, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para Android, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

  • Ler Online

    Le o ebook online dende o noso lector web.

Sinopse

Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo, 2013. Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.

Detalles do libro

  • Autor Manuel Gago Mariño
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Mitos e lendas narrados como ficción
    Recomendados
  • Tamaño 8 MB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499146454