EBOOK DICORUNA. NORMAS XERAIS

QUE É EBOOK DICORUNA

  • eBook Dicoruna é a plataforma tecnolóxica que a Diputación Provincial de A Coruña pon a disposición dos cidadáns para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

  • eBook Dicoruna permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

 

COMO INSCRIBIRSE EN EBOOK DICORUNA

Para gozar de eBook Dicoruña é necesario:

  • Ser usuario rexistrado da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña ou de calquera outra das bibliotecas públicas da provincia da Coruña.

  • Ter polo menos quince anos de idade.

  • Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.

  • Solicitar a inscrición en eBook Dicoruna acudindo á Biblioteca Provincial ou á biblioteca da provincia da Coruña na que estea inscrito.

Unha vez inscrito recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBook Dicoruña.

 

COMO TOMAR EBOOKS EN PRÉSTAMO

Poderá consultar o catálogo completo de eBook Dicoruña no enderezo  http://ebook.dicoruna.es

Se xa é usuario rexistrado de eBook Dicoruna e iniciou sesión, ao pulsar o botón “tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do seu interese, estes quedarán automaticamente prestados ao seu nome e estarán á súa disposición durante un total de 21 días.

Pola contra, se o ebook do seu interese xa está prestado a outro lector, poderá reservalo. Cando o libro estea dispoñible para vostede, recibirá unha mensaxe de correo electrónico de eBook Dicoruna cun enlace para activar o préstamo.

Poderá tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks simultaneamente e reservar o mesmo número de ebooks.

Para máis información, consulte a axuda e as normas de préstamo.

 

COMO LER OS EBOOKS

Se dispón dun smartphone ou tablet dos sistemas Apple ou Android, poderá descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na súa biblioteca, sen necesidade de transferilos.

  • A aplicación eBook Dicoruna para Apple, require Apple iOS versión 6 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta na App Store (iTunes).

  • A aplicación eBook Dicoruna para Android, require Android versión 4.0.3 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta en Google Play.

É posible ler os seus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do seu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos

Para iso, só é necesario iniciar sesión http://ebook.dicoruna.es e na pestaña "Meus libros" do espazo "A miña conta" pulsar sobre o botón "Ler" que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo

Se o prefire, poderá descargar os ebooks ao seu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tablets, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderá acceder, descargar ou transferir os seus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.

Non obstante, ocasionalmente, e en función das condicións establecidas polos editores, poderán encontrarse ebooks dispoñibles exclusivamente para aplicacións de lectura (Apple ou Android) e libros dispoñibles para descarga sen protección DRM.

Para máis información, consulte a axuda e os requisitos técnicos.