Matarte lentamente
(0 valoracións)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Ler Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para IOS, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para Android, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

  • Ler Online

    Le o ebook online dende o noso lector web.

Sinopse

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu continúa, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.» Matarte lentamente consolida a liña de modernización radical da novela negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón e Todo OK. Dosificación da información, economía expresiva, coidada estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle son características desta novela impactante e inesquecible que presenta con claridade problemas claves do noso tempo.

Detalles do libro

  • Autor Diego Ameixeiras
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Ficción moderna e contemporánea
    Recomendados
  • Tamaño 210 kB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499145945