Festina lente

Festina lente

Galego | 233 páxinas | 2015

(0 valoracións)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Ler Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para IOS, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para Android, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

  • Ler Online

    Le o ebook online dende o noso lector web.

Sinopse

Premio da Crítica, 2008 (narrativa) - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, 2008 - Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, 2009. Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

Detalles do libro

  • Autor Marcos Calveiro
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Ficción histórica
    Recomendados
  • Tamaño 408 kB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499146065