Dende o conflito
(0 valoraciones)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Leer Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Si tienes la aplicación eBook DiCoruña para IOS, al solicitar el préstamo, el libro estará automáticamente disponible en tu aplicación, con sólo sincronizar tu biblioteca, sin necesidad de transferirlo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Si tienes la aplicación eBook DiCoruña para Android, al solicitar el préstamo, el libro estará automáticamente disponible en tu aplicación, con sólo sincronizar tu biblioteca, sin necesidad de transferirlo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga el ebook en tu ordenador y podrás leerlo o transferirlo a tu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móvil...) a través del programa Adobe Digital Editions.

  • Leer Online

    Lee el ebook online desde nuestro lector web.

Sinopsis

Premio Xerais de Novela 2014 Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, ¿Dende o conflito¿ é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. ¿Dende o conflito¿ rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca. E é que ¿Dende o conflito¿ é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

Detalles del libro

  • Autor María Reimóndez
  • Editorial Edicións Xerais
  • Idioma Gallego
  • Categorías Ficción moderna y contemporánea
    Recomendados
  • Tamaño 496 kB
  • Formato epub
  • Fecha de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499147406