Dragal II

Dragal II

Galego | 218 páxinas | 2015

(0 valoracións)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Ler Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para IOS, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para Android, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

  • Ler Online

    Le o ebook online dende o noso lector web.

Sinopse

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario...Na procura dun milagre que lles axude a salvar o seu amigo, Mónica e don Xurxo deberán desvelar as claves agochadas na milenaria igrexa de San Pedro. Daquela descubrirán que, para cumprir os designios da profecía, os cabaleiros da Orde de Dragal xa iniciaron o seu regreso.

Detalles do libro

  • Autor Elena Gallego Abad
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Ficción e historias reais infantís e xuvenís
    Recomendados
  • Tamaño 1 MB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499146584