COMO LER OS EBOOKS

Se dispón dun smartphone ou tablet dos sistemas Apple ou Android, poderá descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na súa biblioteca, sen necesidade de transferilos.

  • A aplicación eBook Dicoruna para Apple, require Apple iOS versión 6 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta na App Store (iTunes).
  • A aplicación eBook Dicoruna para Android, require Android versión 4.0.3 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta en Google Play.

É posible ler os seus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do seu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos

Para iso, só é necesario iniciar sesión http://ebook.dicoruna.es e na pestaña "Meus libros" do espazo "A miña conta" pulsar sobre o botón "Ler" que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo

Se o prefire, poderá descargar os ebooks ao seu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tablets, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderá acceder, descargar ou transferir os seus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.

Non obstante, ocasionalmente, e en función das condicións establecidas polos editores, poderán encontrarse ebooks dispoñibles exclusivamente para aplicacións de lectura (Apple ou Android) e libros dispoñibles para descarga sen protección DRM.

Para máis información, consulte a axuda e os requisitos técnicos.