As palabras que move o mar
(0 valoracións)
  • Descarga en Adobe DRM
  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

Sinopse

"As palabras que move o mar" son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. Por que determinadas impresións de natureza emocional, visual, olfactiva, táctil nos acompañan nesta viaxe de asombro e dúbidas que é a vida durante toda a travesía? Un sinal, un nome nun papel, un arrecendo que fotografa un lugar na retina da memoria. O destino é ser devorados por ese vendaval que é o paso do tempo. As palabras que move o mar é un dique contra o que bate a marusía gris e invernal do esquecemento.

Detalles do libro

  • Autor Xaime Toxo
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Ficción: características especiais
    Recomendados
  • Tamaño 273 kB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499147994