A Veiga é como un tempo distinto
(0 valoracións)
  • Apps iOS
  • Apps Android
  • Descarga en Adobe DRM
  • Ler Online
  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para IOS, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga inmediata en Apps

    Se tes a aplicación eBook DiCoruña para Android, ao solicitar o préstamo, o libro estará automaticamente dispoñible na túa aplicación, con só sincronizar a túa biblioteca, sen necesidade de transferilo.

  • Descarga en Adobe DRM

    Descarga o ebook no teu ordenador e poderás lelo ou transferilo ao teu dispositivo favorito (tablet, e-reader, teléfono móbil...) a través do programa Adobe Digital Editions.

  • Ler Online

    Le o ebook online dende o noso lector web.

Sinopse

Premio Terra de Melide 2010. Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto.Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.

Detalles do libro

  • Autor Eva Moreda
  • Editorial Edicións Xerais
  • Lingua Galego
  • Temáticas Ficción moderna e contemporánea
  • Tamaño 292 kB
  • Formato epub
  • Data de publicación 16/04/2015
  • Isbn 9788499147970